Ir á páxina
Charlatana

Cachas & Cousins

Cachas&Cousins é unha banda de rocksteady, R&B e soul xamaicano formada en Santiago de Compostela no ano 2014.

No seu repertorio contan con clásicos da música xamaicana dos anos 60, cos cales transmiten a súa paixón polo ska e o rocksteady, imprimindo nas actuacións o máximo respecto polas raíces do estilo e buscando un coidado son que se asemelle ao utilizado por grupos da época, con un mimado e enérxico directo que non deixa indiferente a ninguén, apto para tódolos públicos.

Nestes anos percorreron a xeografía galega participando en festivais tales como o Outono Codax, Deleite, Feito a Man, Festival rúas vivas de Noia, Ska all night en Vigo ou Circuíto paseantes de Pontevedra.

Espectáculos en cartel