Pulpiño Viascón
Marcos Aboal Vázquez (Pulpiño Viascón), músico multiinstrumentista e clown galego afincado na Coruña con máis de 25 anos de experiencia profesional en escenarios de toda Europa, tocando en bandas galegas a batería, o acordeón e voz: Os Diplomáticos de Monte Alto, O Jarbanzo Negro, Bonovo, etc, e colaborando en discos con Manu Chao, Susana Seivane, entre outros artistas.
Intérprete de serrucho musical, xirou en salas de teatro por 3 anos na presentación de Os Libros Arden Mal, co escritor Manuel Rivas. Traballou no circo Kran de Suíza no período do ano 2000 ao 2004 e no circo Ronkalli de músico clown no show da frauta máxica de Mozart en Berlín
Pulpiño Viascón adapta os seus espectáculos e as temáticas ás necesidades de cada data e espazo.