Ir á páxina
Charlatana
Circo

A chungatrona

Neste espectáculo Peter Punk crea un conxunto de rutinas que confirma a súa intención de converterse nunha referencia do novo circo galego como pallaso.

Neste espectáculo veremos unha aloucada entrada en escena coa Testarrosa, o miniciclo de Peter Punk. A máxica desaparición dun globo no seu bandullo, a destreza dunha voluntaria con tres aros e un baleirador de ideas. 
E como colofón, un final único no mundo: A CHUNGATRONA!! Un aparello pensado por un pallaso, que manterá ao público en tensión  ata que... algún incauto resulte totalmente mollado e coa cara cuberta de torta. Todo isto para desatar a risa, a diversión e a loucura do público: nenas, nenos e maiores.

Elenco:
Isaac Rodríguez "Peter Punk"
Nome do espectáculo:
A Chungatrona
Modalidade artística:
Circo, Malabares, Humor, Clown
Público ao que vai dirixido:
Público infantil e familiar
Idioma
Galego
Duración do espectáculo:
60 minutos
Localización:
Espazo interior ou exterior
Premios
Premio do público Festiclown 2013. Rivas Vaciamadrid