Se existe unha montaña rusa do riso, esa é Antuán de la Cream. O espectáculo que presenta é unha viaxe humorística ao máis puro estilo Clown. Nel oscilará dende a serenidade ao nerviosismo, provocando gargalladas que acompañarán ao seu público por este periplo onde Antuán case nunca perde o control...
A naturalidade e o salero desta personaxe logran conectar velozmente co público. Coa inquietude que o caracteriza, e como bo amante da improvisación, a este pallaso encántalle verse en problemas e facer da resolución destes o momento triunfal da velada.
Un carrusel de emocións do que ninguén quererá baixarse.
“Antuán de la Cream é ao circo o que a auga é á vida, algo imprescindíbel e tremendamente fresco." (María von Touceda).
- Elenco
- Antonio Delgado
- Nome do espectáculo
- Antuán de la Cream
- Modalidade artística
- Circo, Malabares, Humor, Clown
- Público ao que vai dirixido
- Infantil e familiar
- Idioma
- Castelán
- Duración do espectáculo
- 50 minutos
- Localización
- Espazo interior ou exterior
- Premios
- Mellor espectáculo. Callejearte. II Festival de Teatro de Calle. Azagra 2014