Ir á páxina
Charlatana
Circo

Chungo que te cagas

É o primeiro espectáculo co que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso e no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias de cativas, cativos e maiores; creando un universo propio no que a liña de traba­llo é a diversión, o xogo e unha visión moi persoal do mundo.

Mostrará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un prato chinés, fachos de lume e o clásico tartazo reinventado ao máis puro estilo deste irreverente pallaso internacional. O seu particular "Chungo que te cagas" é o "Máis difícil aínda!" do circo clásico. Este é o seu espectá­culo máis universal e todoterreo, perfecto para cal­quera tipo de espazo e público.

Elenco:
Isaac Rodríguez "Peter Punk"
Nome do espectáculo:
Chungo que te cagas
Modalidade artística:
Circo, Malabares, Humor, Clown
Público ao que vai dirixido:
Infantil e familiar
Idioma:
Galego
Duración do espectáculo:
60 minutos
Localizacion:
Espazo interior ou exterior
Premios
Premio do público Mundoclown 2008. Vigo, Galicia.