Ir á páxina
Charlatana

Punk para nenas? Por que non?! E logo? Que hai máis punk ca unha nena?  O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself!! Faino ti ao teu xeito!! Como poidas, como queiras e como che preste!

O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente. O punk é berrar, rir, facer pis... e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade.
O punk é protestar. Quen non chora, non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas a chorar, cagar e patexar!! Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!
Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado Concerto Punklnfantil. Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo  infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.

Elenco:
Isaac Rodríguez “Peter Punk” e Brais das Hortas
Nome do espectáculo:
Concerto Punk Infantil
Modalidade artística:
Música ao vivo, Clown
Público ao que vai dirixido:
Infantil e familiar
Idioma:
Galego
Duración do espectáculo:
60 minutos
Localización:
Espazo exterior ou interior
Premios
Finalista dos Premios Martín Códax da Música nos anos 2019 e 2021.