Dentro da nosa tradición, existe un personaxe que tivo unha grande importancia na cadena de transmisión, non solo oral, se non tamén escrita, de lendas, mitos, relatos, versos e incluso prosas; ese personaxe é o cego. Inda que moitos dos cegos da nosa tradición vivían de vender os pregos de cordel, onde aparecían as historias que eles mesmos relataban. Estaban acompañados musicalmente por violín, zanfona ou incluso acordeón; pero ademais sempre se acompañaban do seu inseparable lazarillo.
Xuntos, cego e criado, vendían as coplas que cantaban: romances e cancións, impresas nunha cuartilla de fino papel por veces de cores rechamantes, que penduraban de cordeis, de aí a súa denominación de literatura de cordel
- Nome
- O Cego na feira
- Elenco
- Oli Xiráldez e Gustavo Couto
- Modalidade artística:
- Música ao vivo, Animación de rúa
- Público ao que vai dirixido:
- Todos os públicos
- Idioma
- Galego
- Duración do espectáculo:
- 60 minutos
- Localización
- Espazo exterior