"O que non se ve" representa a través da danza a forza e a loita da muller na sociedade actual. Pon no punto de mira, diferentes micro machismos que conviven no noso día a día. Unha mestura de danza tradicional e contemporánea, que pretende mostrar o que existe debaixo das vestimentas tradicionais e no interior das mulleres do noso país.
Con esta obra, imos un paso máis alá (Et Suseia), para conxugar estilos moi diferentes, pero á vez moito en común. Achegamos tamén unha nova sonoridade nas melodías que acompañan o espectáculo, e mergullándonos na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual. Tamén mudamos as letras das melodías, facendo letras propias, nas que amosamos o poder da muller na tradición oral.
Coreografías creadas dende contemporaneidade da danza, e mesturadas co son da música de tradición oral, onde se identifica a enerxía das mulleres do rural galego.
- Elenco:
- Iria Calvar, Iria Portos, Ainhoa Souto Diego Landín Erick Pegueros, Gustavo Couto
- Nome do espectáculo:
- O que non se ve
- Modalidade artística:
- Danza Tradicional e contemporánea
- Público ao que vai dirixido
- Todos os públicos
- Idioma
- Galego
- Duración do espectáculo
- 60 minutos
- Localización
- Espazo interior ou exterior
- Premios
- Espectáculo de danza mellor valorado polo público na programación de Compostela Cultura (2023)
- 1º Premio acadado no Certame Coreográfico organizado pola ASPG. (2021)
- 3º Premio da categoría Fusión, dentro do concurso Vigo Porté. (2021)
- Finalistas do concurso Interritmos- Son do Rural, organizado pola Asociación DELOA (2021)