Ir á páxina
Charlatana
Circo

Peor imposible

Un novo unipersoal do recoñecido pallaso Peter Punk no que mantén a súa esencia e o humor irreverente co que acadou o éxito. E onde dá mostra da súa veteranía e madurez, tras máis dunha década de traxectoria profesional.

Peter Punk non contaba con que as cousas sempre poden ir a peor. Na súa nova aventura, non lle queda outra que afrontar o seu fracaso. Pero está disposto a todo pola risa do público.

Unha catedral de nove paraugas en equilibrio, o salto ao baleiro dun voluntario a cegas, o perigoso Circuíto da Morte, e un evocador final que sorprenderá ás máis cativas e cativos, e fará reflexionar ao público adulto.

Nesta ocasión veremos a un pallaso optimista, equilibrado e olímpico, que buscará a complicidade do público para superar as dificultades que atopará en cada rutina, como unha metáfora dos tempos que vivimos.

Elenco:
Isaac Rodríguez "Peter Punk"
Nome do espectáculo:
Peor imposible
Modalidade artística:
Circo, Malabares, Humor, Clown
Público ao que vai dirixido:
Público infantil e familiar
Idioma:
Galego
Duración do espectáculo:
60 min.
Localización:
Espazo exterior e interior
Premios
Premio do público do Festiclown 2014 Rivas Vaciamadrid