Ir á páxina
Charlatana
Circo

Peter Punk e o Neno Imperdible

Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz?

Descúbreo neste trepidante espectáculo, no que Peter Punk e Brais das Hortas comparten elenco por primeira vez. Un tendedeiro en equilibrio, un salto ao baleiro en monociclo, unha voluntaria morta e resucitada en escena, seis instrumentos interpretados ao vivo (guitarras: clásica, eléctrica e portuguesa, acordeón e bucina) e ata Peter Punk atrévese coa harmónica!! E como final: A Chungatrona: un artefacto único no mundo, pensado por un pallaso. Estes son algúns dos elementos desta novidosa proposta teatral dirixida polo recoñecido director arxentino Walter Velázquez e no que participan Peter Punk e Brais das Hortas. Esta é unha obra que destaca polo seu coidado guión, a elaboración e enxeño das rutinas, un gran traballo de dirección e unha orixinal escenografía. 

Un músico e un artista de circo. Dous pallasos en constante reconciliación entre eles, consigo mesmos e co mundo enteiro. Un delirio nun monociclo pinchado. Diversión, música ao vivo e momentos de tensión e risco. Un completo espectáculo para desfrutar tanto na rúa coma no teatro.

Elenco:
Isaac Rodríguez "Peter Punk" e Brais das Hortas
Nome do espectáculo:
Peter Punk e o Neno Imperdible
Modalidade artística:
Circo, Música, Malabares, Humor, Clown
Público ao que vai dirixido:
Público infantil e familiar
Idioma:
Galego
Duración do espectáculo:
60 minutos
Localización:
Espazo interior ou exterior