Ir á páxina
Charlatana
Música

Sabela King & The Heartbreakers

Con máis de douscentos concertos por toda Galicia, entre os cales destaca a súa participación no Outono Códax Festival, no Fisterra Blues Experience e no Feito a Man; Sabela King & The Heartbreakers gravan o seu primeiro disco homónimo. Apostan por mesturar composicións propias e versións moi persoais de cancións de Sam Cooke, Johnny Cash e Emily Loizeau.

Sabela King canta e toca o ukelele, Benjamín Vázquez toca as guitarras e Ramón Figueira "Figui" toca as harmónicas. Os dez temas elixidos inclúen arranxos de percusións, segundas guitarras, voces e baixos; o que configura o novo son da banda. Un son que require dun formato máis numeroso para poder levar este tipo de atmosferas ós directos. Incorpóranse, entón, ao equipo: Diego Novoa ó baixo, Pablo Vázquez á guitarra e Lucas Martínez ás percusións.

Sabela King & The Hearbreakers defínense pola contención e a sutileza. A potente voz de Sabela mestúrase coas atmosferas creadas polos Heartbreakers para ofrecer un espectáculo cheo de texturas.

Xuntos trazan unha viaxe sonora e estilística na que se percibe un profundo respecto ás linguaxes das músicas populares, sen deixar de lado as súas influencias máis modernas.

Nome do grupo
Sabela King & The Heartbreakers
Integrantes
Sabela Rey, Benjamín Vázquez, Pablo Vázquez, Diego Fernández, Ramón Figueira, Aitor García
Nome do espectáculo
Sabela King & The Heartbreakers
Modalidade artística
Música ao vivo
Público ao que vai dirixido
Adulto e familiar
Idioma
Inglés, galego, castelán
Duración do espectáculo
75 minutos
Localización
Espazo exterior ou interior