Gañadores do Premio Martín Códax da Música 2018 na categoría de jazz, funk e blues, polo seu álbum “Sandwina”. Desde os seus inicios alá polo 2011, esta banda de R&B, soul e xéneros afíns, non pararon de tocar e crear expectación entre o público que os descobre e o que os segue, converténdose nun referente en Galicia.
Co seu último traballo, Sandwina, inspirado na muller máis forte do mundo, amplían o seu rexistro a novos xéneros da música americana, máis aló do seu blues característico. Cun directo irresistible, no que van caldeando aos poucos ao público cunha actitude e presenza que fascina desde o primeiro segundo.
- Nome do grupo
- The Lákazans
- Integrantes
- Sabela Rey, Benjamín Vázquez, Francisco Sieira, Ramón Figueira, Francisco Velo, Aitor García
- Nome do espectáculo
- Sandwina
- Modalidade artística
- Música ao vivo
- Público ao que vai dirixido
- Todos os públicos
- Idioma
- Inglés, galego, castelán
- Duración do espectáculo
- 75 minutos
- Localización
- Espazo exterior ou interior