Atención! Este espectáculo está en obras. Si: está sen acabar. Pero non vos preocupedes. Temos un andamio, tubos de antenista, unha guitarra eléctrica cun looper, unha batería cun capacho e un caldeiro, ferramentas... e a axuda inestimable do público.
Malo será que entre todas non acabemos estes contos cheos de música e ritmo. Contos de osos tristes, de extraterrestres que viaxan en caldeiros de fregar, de cans de palleiro que se converten en superstars...
A nova tolería de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público.
- Elenco:
- Brais das Hortas
- Nome do espectáculo:
- Zona en obras
- Modalidade artística:
- Narración oral, Música ao vivo
- Público ao que vai dirixido:
- Infantil e familiar
- Idioma:
- Galego
- Duración do espectáculo:
- 45 minutos
- Localización:
- Espazo interior ou exterior