Berlai
Berlai é o proxecto musical creado por Xiao Berlai. Música sen complexos que bebe da tradición galega, do rock, do jazz, do indie-pop e da música electrónica. As letras das cancións nacen como imaxes obsesivas do universo galego: onde as verzas son urbanas, ou o millo necesita cintas de balizamento policial.
Berlai é música galega rururbana, punk elegante, pop transgresivo, como consecuencia lóxica á música post-bravu, e así se transmite nos seus traballos: Desconhecido, Cas Berlai ou o novo Estampas Galegas.