Ir á páxina
Charlatana
Música

Estampas galegas

Berlai é o proxecto musical creado por Xiao Berlai. Música sen complexos que bebe da tradición galega, do rock, do jazz, do indie-pop e da música electrónica. As letras das cancións nacen como imaxes obsesivas do universo galego: onde as berzas son urbanas, ou o millo necesita cintas de balizamento policial.

Berlai é música galega rururbana, punk elegante, pop transgresivo, como consecuencia lóxica á música post-bravu, e así se transmite nos seus traballos: Desconhecido, Cas Berlai ou o novo Estampas Galegas

No concerto de Berlai desfrutarás da calidade dos seus músicos nun espectáculo cargado de ironía, retranca e bo humor. Música directa e chea paixón. Mesturando realismo cru e obsceno co lirismo máis refinado cando é necesario.

Moitas das cancións son precedidas de pequenas historias, reflexións ou experiencias reais cargadas de sorna e franqueza a partes iguais.

Concertos onde a música dialoga coa ilustración convertendo o seu directo nunha experiencia única, ou concertos onde o canto á vida cotiá nos axuda a desconfinar o espírito, ou concertos onde a mestura de temas enche de forza o espectáculo musical.

 

Nome do grupo
Berlai
Nome do espectáculo
Estampas galegas
Integrantes
Xiao Berlai, Iago Mourinho, Pablo Pérez, Bruno Couceiro
Modalidade artística
Música ao vivo
Público ao que vai dirixido
Todos os públicos
Idioma
Galego
Duración do espectáculo
75 minutos
Localización
Espazo exterior ou interior