Ir á páxina
Charlatana

Blues do País

Blues do País son Bieitta James, a grande Diva Rural (lseo Agilda), e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas).

Xuntas versionan clásicos do Blues, Soul, Rhythm'n'Blues... E adáptanos á idiosincrasia e retranca galegas. E dá gusto! Si, señora! Blues en galego! Otis Redding no peirao da Coruña, ou Etta James mariscando en Cabo da Crus, B.B. King nun furancho en Redondela ou Eric Clapton lendo a Castelao…

Todo iso é posible con Blues do País.

Música de calidade, en galego, mesturada con teatro, clown e improvisación. Enerxía e entrega total en cada directo e unha discografía coidada no breve percorrido deste dúo galaico-mississipeño.

Dende que arrincaRon motores no 2014 xa pasaron por todo tipo de escenarios e situacións: casas da Cultura, auditorios, festivais, ceas, aniversarios, paradas do bus, rotondas, rúas e prazas, camións do penso e mesmo bateas... Calquera sitio é bo para botarlle uns blueses da casa.

Espectáculos en cartel