Ir á páxina
Charlatana
Música

Blues do País. Versión duo

Versións de clásicos do Blues, Soul, Rhythm'n'Blues... Adaptados á idiosincrasia e retranca galegas. E dá gusto! Si, señora! Blues en galego! Otis Redding no peirao da Coruña, ou Etta James mariscando en Cabo da Crus, B.B. King nun furancho en Redondela ou Eric Clapton lendo a Castelao... Todo iso é posible con Blues do País.

Música de calidade, en galego, mesturada con teatro, clown e improvisación. Enerxía e entrega total en cada directo e unha discografía coidada no breve percorrido deste dúo galaico-mississipeño.

Nome do grupo
Blues do País
Integrantes
Iseo Agilda e Brais das Hortas
Nome do espectáculo
Blues do País. Versión duo
Modalidade artística
Música ao vivo, Teatro clown
Público ao que vai dirixido
Adulto e familiar
Idioma
Galego
Duración do espectáculo
60 minutos
Localización
Espazo exterior ou interior