Ir á páxina
Charlatana

Sacha na Horta

Sacha na horta nace no 2008, logo de gañar o concurso A polo ghit organizado por Radio Galega e Vieiros, no que se escolleu “Biocultivos” como canción galega do verán. O premio foi unha viaxe á Habana para tocar na Feira do libro, unha experiencia simpática e estrafalaria que motivou a xuntanza dunhas cantas amigas para crear un repertorio e unha banda.

A partir de aí foise definindo un estilo propio, que demos por chamar “agro - punkcharanga”, no que as voces das mulleres atopan toda a forza, a urxencia e a liberdade para se expresar e falar do mundo que elas ven e tamén do que desexan. Para Sacha na Horta é unha forma de expresión, un traballo, unha familia e unha forma de activismo social. 

En 2014 sacan o seu segundo traballo Horta Revolution. Ese é o nome do espectáculo que teñen actualmente. Sacha na Horta tocou en diferentes festivais por toda Galicia: Festival de Pardiñas, Festival Poesía no Condado, Festival Millo Verde, Antrospinos, Foliada de Melide e moitos máis.
 

Espectáculos en cartel