Ir á páxina
Charlatana

Sacha na horta nace no 2008, logo de gañar o concurso “A polo ghit” organizado por Radio Galega e Vieiros, no que se escolleu “Biocultivos” como canción galega do verán. O premio foi unha viaxe á Habana para tocar na Feira do libro, unha experiencia simpática e estrafalaria que motivou a xuntanza dunhas cantas amigas para crear un repertorio e unha banda.

A partir de aí foise definindo un estilo propio, que demos por chamar “agro - punkcharanga”, no que as voces das mulleres atopan toda a forza, a urxencia e a liberdade para se expresar e falar do mundo que elas ven e tamén do que desexan. Para Sacha na Horta é unha forma de expresión, un traballo, unha familia e unha forma de activismo social. 

En 2014 sacan o seu segundo traballo Horta Revolution. Ese é o nome do espectáculo que teñen actualmente. Sacha na Horta tocou en diferentes festivais por toda Galicia: Festival de Pardiñas, Festival Poesía no Condado, Festival Millo Verde, Antrospinos, Foliada de Melide e moitos máis.

Nome do grupo
Sacha na Horta
Integrantes
Iseo Agilda, Brais das Hortas, María Iglesias, Alenya Espiñeira, Carmen Rico, Adrián Rei, Gilbert Eiche, Miguel Paz, María Prado
Nome do espectáculo
Horta Revolution
Modalidade artística
Música ao vivo
Público ao que vai dirixido
Adulto e familiar
Idioma
Galego
Duración do espectáculo
75 minutos
Localización
Espazo exterior ou interior