Pum, pum! Quen é? Quen chama á miña casa, casiña, casona?
Imos visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas-maleta que viaxan polo mundo... Tamén imos coñecer aos seus habitantes: animais que falan, obxectos cotiás e máxicos, familias diversas e asombrosas…
A casa é o símbolo do colo amoroso que nos acolle nos primeiros anos de vida, o colo que nos arrola, abraza e protexe. A casa é o fogar, o centro do mundo na primeira infancia e está chea de portas e ventás que se abren ao mundo e que nos convidan a descubrilo. Cada quen ao seu ritmo, levada pola súa propia curiosidade.
Un espectáculo para primeira infancia e as súas familias baseado no asombro, a transmisión do amor a través da lingua galega e a palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións de dedos, trabalinguas, arrolos poemas... que forxan os cimentos da casa que construímos ao longo das nosas vidas.
- Elenco:
- Marta Ortiz
- Nome do espectáculo:
- Casa, casiña, casona
- Modalidade artística:
- Narración oral, Teatro de obxectos e música
- Público ao que vai dirixido:
- Primeira infancia (0 a 6 anos)
- Idioma:
- Galego
- Duración do espectáculo:
- 40 minutos
- Localización:
- Espazo interior (consultar para exterior)