Ir á páxina
Charlatana

Marta Ortiz

Narradora oral dende 2007. Conta historias para público de todas as idades. Moitas veces conta só coa súa voz e o corpo, aínda que outras veces gosta de acompañarse con música e manipulación de obxectos.

Estudou maxisterio de primaria, especializouse en literatura infantil e realización de espectáculos. Formouse en narración oral, voz, teatro, clown… Deseñou e organizou actividades relacionadas coa animación á lectura, o fomento da oralidade e o Teatro Social.

Fundou con Brais das Hortas a compañía Tropa de Trapo coa que realizou ata o momento once espectáculos con música en directo, teatro infantil, debate en escena e obradoiros educativos. 4 monos é a súa última proposta para público familiar e Barquiño de pau para primeira infancia.

Tamén realiza espectáculos de narración oral en solitario. Ten varios para público familiar e Canta, buguina, canta! para primeira infancia. En Matrioskas conta xunto coa cantautora Sofía Espiñeira. Matrioskas é un espectáculo de narración oral con música e canción de autora para público adulto e dirixido por Brais das Hortas. 

Dende o 2018 forma parte de AEDA (Asociación de Profesionales de la Narración Oral en España). Tamén forma parte de NOGA (Colectivo de Narración Oral Galega).

Espectáculos en cartel