Ir á páxina
Charlatana

Con fío, agulla e dedal enfíame un conto xa! Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Contos tan antigos como o oficio da costura. Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a historias prohibidas.

Neste espectáculo atoparemos narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla. Unha homenaxe ás mulleres de mans sabias que foron as primeiras narradoras e transmisoras de coñecemento.

O cantar das costureiras é cantar que nunca acaba.
Como teñen fío dabondo botan coplas enfiadas.

 

Elenco:
Marta Ortiz
Nome do espectáculo:
Coser e contar
Modalidade artística:
Narración oral, Teatro de obxectos e música
Público ao que vai dirixido:
Infantil e familiar
Idioma:
Galego
Duración do espectáculo:
45 minutos aproximadamente
Localización:
Espazo exterior ou interior